Asamblea Local
Facemos política desde o local, para transformar o pais.
Asamblea Local

Somos un grupo de veciñas e veciños nacionalistas de Muros que facemos políticas en chave de pais e traballamos para defender os intereses das clases populares galegas.

Portadas
Screenshot_2019-12-31 Cabalgata de Reis en Muros 2019

Querido Concello: devólvenos o Nadal

> A programación de Nadal define moi ben unha tendencia no que vai ser o deseño da Axenda cultural: a de centralizar os actos nun único espazo, privando a unha gran parte da poboación do acceso a cultura.

> Urxe recuperar o festexo tradicional das nosas festas, símbolo da nosa identidade como pobo.

> Unha vez máis é o tecido asociativo quen salva a Axenda Cultural con propostas alternativas de éxito entre a veciñanza.
Ler novas
Portadas
mercado

Arrancamos coa campaña a prol do consumo local

Tras o éxito da campaña do Nadal este ano apostamos por unha campaña que concienciase do consumo local en toda a Comarca.

Debemos apostar polo consumo local non como un mantra , senón exemplificando as consecuencias de non dispoñer de un tecido comercial propio no Concello: despoboamento, envellecemento precario, perda de servizos públicos ligados á poboación, deslocalización da producción.

Ler novas
Portadas
portada-web

Estreamos web!

Moitas foron ás veces que nos atopamos sen medios e altofalantes que cubrisen as nosas propostas políticas, as nosas iniciativas veciñais ou a nosa opinión sobre temas que facían alusión a nosa organización de maneira directa.

Para poñer fin a esta censura e poder acortar distancias, decidimos crear esta canle que nos axudará a ter unha comunicación máis directa, sen interferencias e ruido do aparato e que poña en valor a nosa transparencia como organización referente dentro do nacionalismo galego.

Ler novas