Querido Concello: devólvenos o Nadal

> A programación de Nadal define moi ben unha tendencia no que vai ser o deseño da Axenda cultural: a de centralizar os actos nun único espazo, privando a unha gran parte da poboación do acceso a cultura.
> Urxe recuperar o festexo tradicional das nosas festas, símbolo da nosa identidade como pobo.
> Unha vez máis é o tecido asociativo quen salva a Axenda Cultural con propostas alternativas de éxito entre a veciñanza.

31 dec. 2019 - 12:23
Estamos a piques de cambiar de ano. O 2020 peta xa na porta e con el daremos por finalizada unha década que foi para Muros de moitas mudanzas e altibaixos, con máis baixos que altos. Porén, hai cousas que grazas ao traballo institucional, mais sobre todo ao traballo solidario das asociacións sen ánimo de lucro (que temos, e moitas, no noso concello) conseguimos manter e incluso mellorar.
Unha destas mellorías que vivimos en Muros é a nosa máxica e veterana Cabalgata de Reis, hoxe en día organizada pola Asociación Cultural Fouelada, que leva máis de medio século se faltar a súa cita coa recepción dos “Reis Magos” a cal, ademais do seu significado cristián, tamén representa a abundancia que se agarda co nacemento do novo sol e un novo ciclo de luz, festa xa celebrada polas antigas sociedades agrarias que poboaban a Nosa Terra fai milleiros de anos, en cada solsticio de inverno.
A Cabalgata é o gran peche das actividades que o Concello programa para encher Muros de actividades durante todas as vacacións de Nadal. E si, cando dicimos Muros, referímonos exclusivamente ao casco da Vila, por que como soe acontecer cos gobernos “etnocéntricos”, desde a “Casa Grande” esquécense de que o concello non é so a Moi Nobre e Moi Leal Vila de Muros, se non que está formado por outras seis parroquias máis, e ningunha delas agás a capital municipal acolle ningunha actividade desta programación oficial.
En Abelleira, foi a ACR Pontevella a encargada de achegar ao Apalpador, unha personaxe máxica orixinaria das terras do Courel, ata a Casa de Surribos e en Esteiro, a ANPA do Ricardo Tobío quen organizou unha festa no pavillón. Son unha vez máis as veciñas organizadas ás que teñen que suplir os continuos agravios que o goberno local comete coas parroquias.
A falta de políticas de descentralización non é un problema exclusivo do Estado, é algo que podemos tamén sufrir a pequena escala. E de igual xeito que debemos combater en Madrid para que non se esquezan dos problemas da Galiza, debemos combater ás políticas de concentración da actividade social ao redor do casco de Muros, por que no resto das parroquias hai moita vida. Asociacións de Veciñas, Comunidades de Montes, ANPAs, Asociacións Culturais, Deportivas, Folclóricas e veciñanza en xeral que tamén merecen que o Concello se implique nas súas actividades sociais e lle dean contido a axenda sociocultural de cada parroquia. Desde o BNG defendemos a descentralización das actividades que organiza o concello ao longo de todo ano, e recordarémoslle ao goberno municipal cantas veces sexa necesario que Muros non comeza no Furón e remata no Cabo, que hai moito máis Muros nas Parroquias.
Por un Concello para as parroquias.