Reunímonos co sector da pesca para recoller as súas demandas

ana miranda
Reunión coa confraría de Muros o pasado 8 de outubro

O pasado venres organizamos unha reunión coa Confraría para recoller as demandas máis urxentes do sector da pesca.

A nosa voceira municipal, Ía Lago, estivo acompañada pola eurodiputada Ana Miranda, así como as parlamentarias Rosana Pérez, Carmela González e Daniel Pérez.

Entre as demandas máis destacadas está a de crear un vestiario para as mariscadoras e o regulamento europeo de control da pesca (que non é máis que unha medida de Europa máis para castigar e perxudicar a pesca artesanal e de baixura).

Ana Miranda acadou o compromiso coa confraría para defender os seus intereses e levar a cabo as súas demandas ao Parlamento Europeo.

Reunímonos co sector da pesca para recoller as súas demandas

O pasado venres tivo lugar unha reunión entre a Confraría de Muros, as deputadas nacionalistas Rosana Pérez, Carmela González e Daniel Pérez, a deputada europea Ana Miranda e representantes do BNG de Muros. Este encontro foi moi necesario para poder actualizar as demandas e preocupacións que ten un sector tan importante no noso concello.

A reunión estivo centrada en dous puntos. O primeiro deles é unha vella demanda das mariscadoras que solicitan dotar a Confraría dun vestiario para poder exercer o seu traballo dignamente. Destacan que esta necesidade ten que ser prioritaria e piden colaboración das institucións para que se resolva o antes posible. 

O segundo punto máis relevante que saíu a palestra foi os conflictos que o sector ten coas medidas que adopta a Unión Europea. Neste punto Ana Miranda é chave xa que é a única deputada galega que ten unha defensa férrea sobre o sector. Dende a Confraría destacaban que as medidas europeas están afectando especialmente a frota de artes menores ou artesanal que tan importante é para o noso país.

Existe unha gran preocupación no sector polo novo regulamento de control da pesca e acuicultura na Unión Europea, que vai mermar un sector que non para de sufrir reveses na súa actividade. Ás problemáticas coas cotas ou as normativas coa potencia dos motores teñen que sumarlle, segundo este novo regulamento, o conflicto que vai xerar o “diario de capturas”, o cal ven como unha traba máis.

Neste contexto tan desolador o sector ve a nosa eurodeputada Ana Miranda como unha baza viábel a que recurrir e trasladarlle as súas demandas, xa que teñen máis que constatada a súa valía e compromiso. 

Dende o BNG de Muros comprometémonos co sector do mar a facer todo canto na nosa man esté para mellorar as condicións laborais que atinxen ao que é e debe seguir sendo o motor económico do noso concello.

Reunímonos co sector da pesca para recoller as súas demandas