Portadas
Non se pode fuxir dun pasado do que NON se renega
12/feb./2020
A día de hoxe hai unha rúa dedicada a un alto cargo franquista, o capitán coruñés Pardal.
Rogamos e reclamamos ao goberno municipal que cumpra as leis e elimine o nome da rúa dedicada ao capitán franquista e que esa rúa pase a ter unha denominación adaptada a Lei de memoria histórica.
Animamos ao profesorado dos centros de ensino municipais a que transmitan ao seu alumnado, cando se aborde o tema da Guerra Civil do Estado Español, estes anacos da crónica máis escura da historia do noso concello.