María Lago
Farmacéutica, Feminista e Revolucionaria
María Lago

Voceira e Concelleira do BNG en Muros, traballo cun pé nas Institucións e outro nas rúas do pais co obxetivo de conseguir unha Galiza máis soberana e feminista.

Portadas
ia concello mocion 2

Levamos a votación unha iniciativa para que se regulen as casas de xogo

  • Temos lugares no país nos que non hai un comercio onde mercar unha peza de froita ou o pan, mais calquera pode gastar o seu xornal nunha casa de xogos.
  • A ludopatía espállase a un ritmo vertixinoso grazas a tres factores sociais: a falta de freo institucional, a crise laboral e o silencio que padecen as víctimas ante o estigma social que supón ser un adicto ao xogo.
  • Desde o BNG apostamos por atallar esta lacra desde tres eixos de traballo: control, regulación e reparación.
Ler novas
Portadas
ia traballa cortada

2020: Un pé na rúa, outro nas institucións

Encaramos o ano que comeza traballando en varias propostas que levaremos ao pleno nos primeiros meses do 2020: elaboraremos unha proposta de  acordo para a aprobación dunha normativa que regule as casas de apostas e a súa publicidade antes de que esta lacra se instaure nas nosas rúas, seguiremos esixindo coa nosa voz que se cree un plan xeral de mantemento para os edificios e mobiliario municipal, que se regularicen os postos de traballo dependentes do concello e se lle pague a cada quen o que corresponde, seguiremos defendendo que se aposte por todas as parroquias e se mire cara todas elas sen distinción, dende o salón de plenos e nas rúas apoiando todas aquelas causan que busquen coidar a nosa Terra, a nosa xente e a dignificación do emprego.  Seguiremos, en definitiva, defendendo todo aquilo co que nos comprometemos en maio deste ano que remata.

Ler novas