Reclamamos coñecer o protocolo COVID19 de traballo que se está empregando no SAF

ia concello mocion
María Lago presenta unha estancia no Concello

O nosa voceira, Ía Lago, presentou na tarde de onte unha instancia para coñecer o protocolo COVID19 de traballo do persoal municipal do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) e os/as seus usuarios/as. 

 

Dende a nosa formación mostramos a nosa preocupación e reclamamos que a xestión deste gromo estase facendo de maneira opaca, con erros que poñen en risco a saúde da veciñanza, tanto do persoal traballador do SAF como dos/as usuarios/as do servizo.

 

 

Reclamamos coñecer o protocolo COVID19 de traballo que se está empregando no SAF

O nosa voceira, Ía Lago, presentou na tarde de onte unha instancia para coñecer o protocolo COVID19 de traballo do persoal municipal do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) e os/as seus usuarios/as. 

Na última semana, o Concello de Muros pasou, nos niveis de alerta por incidencia da COVID19, do nivel 0 ao 1 co cal no noso municipio contamos entre 7 e 14 casos positivos por PCR nos últimos 7 días. O pasado domingo, a través da páxina de Facebook oficial do Concello de Muros informábasenos da activación do protocolo COVID19 no CEIP Ramón de Artaza e no IES Fontexería, mentres que pola contra, e a pesar de ser un servizo municipal, non se informaba dos casos positivos no Servizo de Axuda ao Fogar (SAF), cando a información é que existen casos confirmados neste colectivo. 

Dende a nosa formación mostramos a nosa preocupación e reclamamos que a xestión deste gromo estase facendo de maneira opaca, con erros que poñen en risco a saúde da veciñanza, tanto do persoal traballador do SAF como dos/as usuarios/as do servizo. “O goberno actual de Inés Monteagudo debe tomarse en serio a realización e a implantación de protocolos de traballo na situación de pandemia e máis nun colectivo tan vulnerable como no das persoas maiores, non se pode actuar con improvisación. A falla de información é evidente, non se poden ocultar datos cando se vive nunha situación coma a actual, precisamos un Concello que sexa unha fonte confiable. É necesario coñecer o protocolo que se está aplicando no SAF, non imos permitir un goberno neglixente”, explicou Lago. 

 

A nivel nacional era un problema que se vía vir

Xa nas pasadas datas, o deputado nacionalista Néstor Rego recolleu a denuncia da plataforma galega dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF Galiza) sobre a carencia de protocolos e material de protección adecuado, como EPIs, luvas ou máscaras de calidade, que padecen as traballadoras do SAF dende que deu comezo a emerxencia sanitaria.

O BNG ve necesario que se teña en conta que, por traballar con persoas especialmente vulnerábeis que residen nos seus domicilios onde poden ser visitados por familiares e amizades, a protección é fundamental como medida de contención para evitar a expansión do virus.

Reclamamos coñecer o protocolo COVID19 de traballo que se está empregando no SAF