O PP modifica ó completo á nosa moción sobre o Orgullo
O Partido Popular enmedou ó completo a nosa moción deixando tan só 2 dos oito puntos de compromiso institucional que se solicitaban.
As enmendas saíron aprobadas grazas a abstención do PSOE que tan só argumentou “Non a imos apoiar por ser unha moción do BNG” sen facer alusión o contido político da mesma.
Lamentamos que se retiraran puntos tan necesarios como a creación dunha sección LGBT+ na biblioteca municipal ou a organización de palestras sobre diversidade sexual en colexios e institutos. Neste punto os socialistas argumentaron que “xerar unha sección LGBT+ era desnormalizar, e eles estaban a prol da normalización”.
Instamos o Concello tamén a que dera máis visibilidade a campaña Ser e Sentir que puxo en marcha a Deputaciónda Coruña e que o Concello tan só se inscribíu como colaboradora sen darlle difusión real entre a veciñanza.
“Desmoraliza facer propostas construtivas, e que tan só polo feito de non compartir siglas, o Grupo de Goberno as bote abaixo. E pódenso permitir grazas o apoio incondicional do PSOE.” Afirmaba a saída do Pleno María Lago nas súas redes sociais.