Participamos no Encontro Internacional ‘As Elixidas’ defendendo o liderado feminino na política local

De esquerda a dereita: Laura Eiras, Concelleira de Obras, Ía Lago, Alcaldesa de Muros, Maruxa Martínez, Concelleira de Igualdade

Ía Lago destacou:

    “Os concellos son ferramentas fundamentais para transformar a realidade diaria da veciñanza. A política local debe ser unha ferramenta para enfrontar as desigualdades estruturais, mellorar as condicións de vida das persoas e abrir camiño para que as mulleres lideren sen barreiras.”

 

As concelleiras do goberno local de Muros, Laura Eiras, concelleira de Obras; Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade; e a alcaldesa Ía Lago, participaron no Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na Coruña, no marco das súas responsabilidades institucionais como representantes do Concello de Muros. O evento reuniu lideresas de diversos países para reflexionar sobre os retos da igualdade de xénero na política local.

Aproveitamos este espazo para compartir a nosa visión sobre o potencial que teñen os concellos, como institucións máis próximas á veciñanza, para liderar transformacións sociais cara a unha sociedade máis xusta, igualitaria e feminista. Sobre a súa participación no evento, Ía Lago destacou:

    “Os concellos son ferramentas fundamentais para transformar a realidade diaria da veciñanza. A política local debe ser unha ferramenta para enfrontar as desigualdades estruturais, mellorar as condicións de vida das persoas e abrir camiño para que as mulleres lideren sen barreiras.”

Durante as xornadas, puxemos en valor experiencias concretas de gobernos locais que implementan medidas transformadoras, como programas de conciliación, a prevención da violencia machista e o impulso dunha participación veciñal inclusiva e activa. Estas políticas demostran que a igualdade non é só unha meta, senón un motor para a transformación social.

Subliñouse tamén a necesidade de reforzar a soberanía dos concellos, dotándoos de recursos e competencias suficientes para responder ás necesidades reais da veciñanza e avanzar de forma efectiva cara a unha igualdade plena.

Desde os concellos, construímos unha Galiza feminista e máis igualitaria, facendo da política local unha ferramenta esencial para mellorar as vidas das persoas e superar as desigualdades estruturais.