O NOVO XEITO II ESPECIAL 8M
11 de marzo de 2021 (11:17 h.)
Profundizamos neste segundo número no traballo da muller nos diferentes eidos sociais e laborais.
Entrevistamos a Paula Simal, veciña de Abelleira e Concelleira polo BNG.
Repasamos o traballo feitos polas nosas concelleiras no Pleno Municipal.
Estreamos segundo voceiro do O Novo Xeito e aproveitamos a ocasión para poñer a muller no centro da política local.
No seguinte enlace podedes descargar a versión dixital.
A versión en papel estará moi pronto nos vosos buzóns ou podedes encargalo no noso local, sito na Praza de Galicia, no que antes era a coñecida tenda "Licores Luisa".