A nosa postura fronte ao Coroavirus

Decidimos que é imprescindible facer unha oposición constructiva que defenda os intereses da veciñanza.
O BNG será a ferramenta da cidadanía funcionando como altofalante no Pleno Municipal.
Como xa adiantábamos onte nas nosas redes sociais, desde o BNG de Muros optamos por facer unha oposición constructiva que axudara a combatir a crise do Coronavirus. A nosa posición é sempre a mesma: debemos ser unha ferramenta que permita trasladar os problemas da veciñanza ao pleno do Concello. E asumimos que o xeito de facelo é sumando, pois ninguén entendería que nestes momentos, unha organización como a nosa fixera as políticas de derribo ou de defensa de intereses clientelares coma as que se están a facer desde a ultradereita.
Unha crise que debemos abordar entre todas e que debemos traballar desde tres ámbitos : o social, o económico e o democrático.
Desde o social pois entendemos que é unha crise que vai xenerar maior desigualdade, non só económica, senón de direitos, como xa estamos a comprobar co abandono dos nosos maiores a súa sorte ou coa negativa de unha educación digna para moitos dos nosos escolares.
Tamén desde o económico, posi está en risco o noso pequeno comercio, as familias con menos recursos ou a soberanía do noso Concello para ser capaz de facer efectivas as medidas que considere necesarias.
E desde o democrático, pois creemos que indistintamente de quen goberne, ou indistintamente de a quen votemos é un momento no que debemos garantir que todas as voces veciñais teñan un altofalante no noso Concello, para abordar a súa situación e atopar solucións colectivas ao problema.
Celebramos que desde o Goberno Local entendan a situación tamén deste xeito, e que accederan a valorar e estudar calquera proposta que lle acheguemos. Buscándolle solucións e permitíndonos participar nos espacios de decisión creados.
Estos días iremos subindo as nosas aportacións aos grupos de traballado, desde cada unha das áreas que cremos imprescindibles hai que abordar.
Porque a vida, está por enriba de todo.