Levamos a votación unha iniciativa para que se regulen as casas de xogo
- Temos lugares no país nos que non hai un comercio onde mercar unha peza de froita ou o pan, mais calquera pode gastar o seu xornal nunha casa de xogos.
- A ludopatía espállase a un ritmo vertixinoso grazas a tres factores sociais: a falta de freo institucional, a crise laboral e o silencio que padecen as víctimas ante o estigma social que supón ser un adicto ao xogo.
- Desde o BNG apostamos por atallar esta lacra desde tres eixos de traballo: control, regulación e reparación.
A semana pasada rexistramos unha iniciativa para regular o otourgamento de licencias as casas de xogos. Queremos ser previsoras e prácticas, é certo que non hai ningún negocio deste tipo en Muros, pero sí temos moi preto concellos similares en canto a poboación no que estos negocios están normalizados. A tendencia no país é que haxa lugares nos que non dispós de comercios onde mercar unha peza de froita ou o pan, pero sí podes gastar todo o teu xornal en xogos de azar. Atopámonos por tanto cun problema social que aumenta de maneira silenciosa, pois aproveita a vergoña e o tabú social para medrar sen que nos percatemos da verdadeira envergadura deste problema.
A iniciativa, desenvolvémola de xeito aberto, atendendo as suxerencias e demandas dunha parte do tecido social afectado por esta lacra, así como por estudos científicos e sociais sobre o incremento de casos de ludopatía desde que se normalizaron este tipo de negocios. A ludopatía é unha adicción e por tanto as casas de xogo non poden ser tratadas como negocios inofensivos para a nosa veciñanza, teñen que ter un regulamento específico. Hoxe en día ninguén concebiría unha valla publicitaria dunha marca de tabaco na porta dun colexio, nin unha marca de alcohol nun campo de fútbol.
Creemos que é importante crear conciencia desde os concellos, seguindo tres frontes de acción: prevención, control e reparación. Debemos por tanto informar e prevenir sobre os riscos das casas de apostas, poñer medios e tomar medidas para que cumpran coa normativa que a regula (non permitir acceso aos menores, non permitir acceso a quen se incorpora nas listaxes de autoexclusión), e instar a Xunta para que todos os centros médicos conten cunha unidade para tratar as adiccións.
A iniciativa ten que aprobarse no pleno deste xoves. Esperamos que todos os grupos voten sí a esta moción. Entendemos que todos deixaremos a un lado as nosas cores, para apoiar unha iniciativa que beneficia a toda a veciñanza.
Adxuntamos o documento para a súa descárrega