Poñamos en valor o papel da muller no tecido asociativo

6M-IMOS
6M-IMOS

O acto que temos hoxe na Pedriña Alta ten como obxectivo por en valor o noso papel nas asociacións pero non só iso, senón tamén poder crear un espazo para poder compartir experiencias e poder nutrirnos unhas das outras. Ninguén mellor ca nós sabemos o que temos que soportar e vivir por ser mulleres neste mundo. Vémonos na Pedriña as 20 horas.

 

Poñamos en valor o papel da muller no tecido asociativo

Por moito que queira o sistema patriarcal seguir invisibilizándonos nós non imos calar, imos seguir reclamando os nosos dereitos e o noso lugar no mundo. Non somos actrices secundarias ou de reparto, senón as protagonistas. 

E neste protagonismo o papel do asociacionismo no noso Concello sempre foi moi importante. Temos variedade, cantidade e calidade nas nosas asociacións. Incluso na maioría delas os postos de relevancia están ocupados por mulleres actualmente porque somos nós as que damos un paso a fronte a hora de tirar do carro. Non temos medo as posibles trabas.

Pero, ese empoderamento a hora de asumir responsabilidades trae consigo que se cuestione a nosa capacidade de traballo por ser muller, porque como pode ser que deixe de coidar os fillos por traballar para a asociación? Menuda nai! E se fose o revés? Se fose un pai de familia o presidente ninguén diría algo así!

Desde esta organización sempre apostamos pola igualdade. Temos un compromiso persoal e colectivo con acadar a igualdade pois non entendemos que se poida vivir nun mundo máis xusto e equitativo cando se discrimina por norma a metade da poboación deste planeta. Somos feministas sen complexos, orgullosas e orgullosos de selo.

O acto que temos hoxe na Pedriña Alta ten como obxectivo por en valor o noso papel nas asociacións pero non só iso, senón tamén poder crear un espazo para poder compartir experiencias e poder nutrirnos unhas das outras. Ninguén mellor ca nós sabemos o que temos que soportar e vivir por ser mulleres neste mundo. Vémonos na Pedriña as 20 horas.

Estades todas convidadas a tecer redes para cambiar o mundo.

Viva a loita feminista.

Poñamos en valor o papel da muller no tecido asociativo