Muros, semente de vencer!

moncho
moncho

Hoxe cúmprense 45 anos do asasinato de Moncho Reboiras. 

Reboiras puxo en valor o traballo da militancia e reinvindicou a acción popular fronte a teoría política. 

O seu asasinato acelerou a toma de conciencia nacional das clases populares, que viron no soberanismo unha ferramenta útil e forte contra a represión franquista. 

Desde Muros quixemos homenaxealo e recordalo a través das persoas que compartiron con él militancia, pois como o propio Reboiras reinvidicaba "que importa que nos maten se deixamos semente de vencer".

 

Muros, semente de vencer!
Contaban os máis vellos da nosa organización nas ocasións nas que saía o seu nome, que alá sobre os anos 70 ou 71, da man dun empregado de Banca de Compostela comezara a frecuentar Muros un rapaz moi activo e cun sorriso engaiolante, que se chamaba Moncho.
O rapaz, natural da parroquia de Imo, no concello de Dodro, traballaba nos estaleiros de Barreras, en Vigo, e sempre que tiña ocasión e sen previo aviso, xa que así o recomendaban as circunstancias, presentábase na nosa Vila a bordo do seu “seiscentos”. 
Nestas visitas, coa escusa de manter contactos culturais con distintas asociacións como o Teatro Candea ou o Liceo de Noia, Moncho aproveitaba para xuntarse con persoas que, coma el, querían poñer fin á ditadura do xenocida Franco, e dar luz a unha Galiza liberada.
Moncho militaba na UPG, e militar nunha organización comunista nos anos nos que Manuel Fraga firmaba sentenzas de morte por simplemente ser contrario a Franco, era en si mesmo un exemplo do compromiso militante que Moncho albergaba. 
Unha das anécdotas que ilustran o perigoso que era neses días ser un militante antifascista, aconteceulle en Muros un 16 de xullo. Despois de tomar o café con varios muradáns que anos máis tarde formarían parte da ANPG ou do actual BNG, Moncho baixou con eles a ver a procesión do Carme. A desgraza fixo que neste día os fogos pirotécnicos que portaba un dos barcos estouparan, botando o barco a pique e causando un grande rebumbio. Se algún malnacido o chega a recoñecer, a bo seguro que non dubidarían en colgarlle o sambenito dese accidente, polo que inmediatamente tivo que subirse no seu Seat e marchar da Vila. A simple presenza coincidente nun suceso así, era en si mesma unha sentenza de morte.
Póren, Xosé Ramón Reboiras Noia foi moito máis que un simple militante antifranquista. Vila a vila, porta a porta, Reboiras foi quen de expandir por boa parte da Matria, ben matendo miles de conversas e reunións clandestinas, repartindo a propaganda e “pósters” que levaba escondidos na porta do seu “600”, ou aregando e promovendo folgas obreiras como a “Folga de Setembro” de 1972, a idea de que o Pobo Galego é soberano do seu destino.
Foron aquelas visitas clandestinas de Reboiras ás que plantaron a semente do Nacionalismo en Muros, e é o seu exemplo o que nos guía. 
Moncho Reboiras, Semente de Vencer.
Muros, semente de vencer!