Estreamos voceiro, O Novo Xeito

Maria Lago repartindo O Novo Xeito

O voceiro do BNG de Muros leva por nome O Novo Xeito e pretende dar continuidade ao anterior boletín comunicativo do BNG.

Esta semana chagará aos fogares da veciñanza a versión en papel.

A versión dixital dispoñible aquí mesmo.

Rematamos este ano coa publicación do O Novo Xeito. Unha publicación que pretende dar continuidade ao anterior boletín do BNG de Muros, O Xeito. A súa finalidade é a de levar a política local a todos os fogares do Concello. Sabemos que existen lugares no noso municipio sen acceso a inernet ou que temos un porcentaxe da poboación  que non dispón dun ordenador co que acceder a información política municipal. Esperamos que co O Novo Xeito, esta brecha dixital entre veciñas e veciños, esté un paso máis cerca de acortarse. Pois, coñecer a actividade política local é un dereito que temos que potenciar e democratizar entre a veciñanza. Esperamos que o disfrutedes!