Estreamos web!

O Bng de Muros estrea espazo na web do Bloque

Moitas foron ás veces que nos atopamos sen medios e altofalantes que cubrisen as nosas propostas políticas, as nosas iniciativas veciñais ou a nosa opinión sobre temas que facían alusión a nosa organización de maneira directa.

Para poñer fin a esta censura e poder acortar distancias, decidimos crear esta canle que nos axudará a ter unha comunicación máis directa, sen interferencias e ruido do aparato e que poña en valor a nosa transparencia como organización referente dentro do nacionalismo galego.

Estreamos web!

A falta de medios que cubran de maneira plural a información, desde a asamblea local decidimos que era imprescindible crear un espazo na rede (e fóra dela, pero este é outro punto que abordaremos no ano novo) que puxera en coñecemento de toda a veciñanza o traballo que facemos e que servira á vez como altofalante dos problemas aos que nos enfrontamos a veciñanza muradá.

A velocidade coa que recibimos información , moitas veces non contrastada ou falsa, fai que   ás veces caiamos nas trampas que os medios de comunicación tradicionais teñen deseñadas para acabar con calquer opinión que se  saia do relato oficial do Estado español.

Moitas foron ás veces que nos atopamos sen medios e altofalantes que cubrisen as nosas propostas políticas, as nosas iniciativas veciñais ou a nosa opinión sobre temas que facían alusión a nosa organización de maneira directa.

Para poñer fin a esta censura e poder acortar distancias, decidimos crear esta canle que nos axudará a ter unha comunicación máis directa, sen interferencias e ruido do aparato e que poña en valor a nosa transparencia como organización referente dentro do nacionalismo galego.

Queremos agradecer o apoio que estamos a recibir , foron moitas as altas que recibimos estos días, sinal de que estamos a facer un traballo que convence entre a veciñanza. Non imos caer na autocomplaciencia, seguiremos traballando e poñendo o Concello patas arriba sempre que sexa necesario e sempre que así se garantan os intereses da veciñanza muradá. Melloraremos a comunicación interna e traballaremos para que as nosas propostas non caian en saco roto.

Agradecemos toda esta forza de traballo nova, mais sen olvidarnos de toda aquela militancia que está desde o inicio ao noso carón, esperamos que con este caderno de bitácora podamos estar todos mellor informadas e informados e que poidamos seguir creando novas dinámicas de traballo que poñan en valor o noso país.

Seguiremos informando.