Levaremos tres mocións ao Pleno do Concello deste xoves
Mañá xoves, 24 de setembro, celebrarase o Pleno ordinario do Concello de Muros onde o noso grupo municipal presentará tres mocións.
Actividades extraescolares, un protocolo de limpeza e desifencción das aulas e a necesidade de facer chegar o sinal de TV entre as nosas propostas ao Pleno.
A primeira das mocións trátase sobre a organización e planificación das actividades extraescolares nos centros de ensino municipais para o curso escolar 2020-21, xa que as imposicións da Xunta de Galiza no famoso texto do protocolo educativo de adaptación ao contexto da COVID19 fan que o seu desevolvemento, como se viña facendo ata agora, sexa innviable. Nesta moción solicitamos apoiar as reivindicacións das asociacións de nais e pais do alumnado abrindo con urxencia un diálogo para resolver os problemas que impedirían o desenvolvemento das actividades extraescolares neste curso así como que sexa o propio Concello de Muros o que se faga cargo e se responsabilice da súa organización, así como, que elabore un protocolo que se integre no “Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021” que debe ser aprobado pola Xunta de Galiza.
A desastrosa xestión educativa por parte da Xunta de Galiza
Por outro lado, e en relación ao panorama desastroso do sistema educativo en Galiza tamén presentaremos unha moción sobre o protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-21 que a Xunta de Galiza aprobou de maneira unilateral negándose a negociar coas organizacións sindicais do ensino e coas ANPAs, tanto no que se refire ás medidas que se establecen nel coma aos recursos necesarios para a súa implantación. Desta maneira, solicitámoslle ao Pleno municipal o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino, aprobado pola Xunta de Galiza, así como o apoio ás demandas da comunidade educativa nesta materia.
As parroquias de Abelleira e Torea precisan un sinal de televisión decente
Xa por último, tamén levaremos unha reinvindicación histórica da veciñanza e do BNG como é a substitución do repetidor de sinal de televisión que se atopa instalado na parroquia de Tal e que melloraría a cobertura nas parroquias da Abelleira e Torea. Transcorridos moitos anos, os gobernos locais (PSOE, CxG e PP) non procuraron, nin se intentaresaron por artellar unha solución alternativa, que permitise á veciñanza gozar dun servizo básico de maneira decente. Polo cal, propoñeremos que o Concello de Muros lle dea prioridade á resolución desta deficiencia nestas parroquias e que inste á Xunta de Galiza para que a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que ten entre as súas tarefas o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza, colabore na procura dunha solución.