Aprobadas as nosas mocións no Pleno de xaneiro

María Lago e Paula Simal (foto arquivo)

O traballo feito desde a oposición responsable recolle os seus primeiros froitos.

O Pleno ao completo votou a favor de concienciar desde o Concello sobre a problemática das Casas de Xogo.

O PP votou en contra de instar a Xunta a investir na sanidade pública e de crear políticas que favorezan a volta dos nosos xóvenes migrados.

 

No pleno do pasado xoves aprobáronse 3 mocións do noso grupo: o rexeitamento as casas de aposta, a denuncia contra o desmantelamento da sanidade pública e o compromiso de instar a Xunta para que facilite a volta da nosa xuventude emigrada.
Celebramos que o rexeitamento as casas de aposta fora apoiado de maneira unánime por toda a corporación.

 

Celebramos tamén que a moción a prol de instar a Xunta a investir máis recursos na sanidade pública saíra adiante. Todo isto a pesar do voto negativo do Partido Popular, que tivo a torpeza de ler un comunicado de Feixóo no que presume de investir en equipamento e en novos hospitais públicos. Para os Populares que teñamos un ecógrafo no centro médico que non podemos empregar por falta de persoal cualificado ou que non haxa sustituto para o noso pedíatra ou que o hospital máis cercano esté a unha hora son cousas que merecemos por vivir nesta parte da Galiza.
Celebramos tamén que co apoio do resto de forzas se aprobara a moción que reclama a volta do noso talento que nestes 10 anos de crise tivo que emigrar ao non ter un futuro digno no país. Unha vez máis co voto negativo do PP que argumentou que esto eran cousas dos anos 60, que agora retorna máis xente da que marcha. Vaise a nosa mocidade e voltan os nosos maiores, intentar desfrutar do que queda da nosa terra, antes de que dende a Xunta acaben por completo con ela.
Pronto subiremos un resumen con cada unha das posturas, mentras tanto, aquí tendes o video.