Apoio do Pleno ás tres mocións do BNG
O Pleno do Concello aprobou este xoves as tres mocións sometidas polo BNG á consideración da Corporación: sobre as actividades extrascolares neste curso, o rexeitamento o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino da Xunta de Galiza e a substitución do repetidor de sinal de televisión para mellorar a cobertura nas parroquias da Abelleira e Torea.
Apoio do Pleno ás tres mocións do BNG
O Pleno do Concello aprobou este xoves as tres mocións sometidas polo BNG á consideración da Corporación: sobre as actividades extrascolares neste curso, o rexeitamento o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino da Xunta de Galiza e a substitución do repetidor de sinal de televisión para mellorar a cobertura nas parroquias da Abelleira e Torea.
A primeira moción en ser debatida, a do comezo do curso e o protocolo no ensino, defendeuna perante o Pleno Ía Lago. A volta ás aulas, denunciou, produciuse cunha Xunta que impuxo unilateralmente o protocolo para lle facer fronte á pandemia sen o negociar con ninguén. Non o dialogou nin coas ANPAS nin cos representantes do profesorado nin coas organizacións estudiantís nin cos concellos. En concreto, aos concellos obrígaos a se faceren cargo da limpeza e desinfección nos centros, sen que o Goberno galego “faga ningunha achega de fondos aos concellos“, rematou a voceira nacionalista. Esta moción contou cos apoios do PSOE e CxG e ata o Partido Popular mostrou a súa abstención.
Conseguimos o acordo do Pleno para o desenvolvemento das actividades extraescolares
A moción sobre as actividades extraescolares, na solicitamos apoiar as reivindicacións das asociacións de nais e pais do alumnado para resolver os problemas que impedirían o desenvolvemento das actividades extraescolares neste curso así como que sexa o propio Concello de Muros o que se faga cargo e se responsabilice da súa organización, foi votada favorablemente polo PSOE e CxG mentres que o PP abstúvose. A voceira nacionalista, Ía Lago, denunciou que o que fixo a Xunta foi, como acostuma facer, desprazar aos demais –persoal directivo dos centros, profesorado, nais e pais....- as súas responsabilidades, “a filosofía vén sendo que cada ANPA se apañe” apuntillou a portavoz nacionalista.
Unha reivindicación histórica, a mellora da sinal de televisión en Abelleira e Torea
A última moción que presentabamos tiña como obxectivo mellorar a cobertura da sinal de televisión nas parroquias de Abelleira e Torea. Desta volta, a encargada de defender a moción ante o pleno foi Paula Simal. Unha reinvindicación histórica da veciñanza, na que o noso grupo ven demandando aos gobernos anteriores (PSOE, CxG) e actual (PP) a substitución do repetidor de sinal de televesion situado na parroquia de Tal. “Precisamos que todas as parroquias teñan un acceso decente a un servizo tan básico como a televisión”. Esta última moción, foi aprobada cos votos do Partido Popular e de CxG e contou coa abstención do PSOE.
Seguimos defendendo os intereses colectivos do pobo muradán e traballando pola xustiza social.